O Lugo pechou con 2,5 millóns de euros de perdas o exercicio 2020-21
O Lugo pechou con 2,5 millóns de euros de perdas o exercicio 2020-21
O Lugo conta cun orzamento de 7,6 millóns de euros, 5,9 da televisión
O Lugo pechou con 2,5 millóns de euros de perdas o exercicio contable 2020-21, números vermellos que presentou o Consello de Administración que preside Tino Saqués aos accionistas nunha asemblea en que atribuíu unha cantidade similar ao impacto que tivo o covid-19 nas contas da entidade.
Tino Saqués achacou estas perdas ao impacto da covid nas contas da entidade, que o club cifra en 2.537.945 euros. Primeiro, polos gastos correspondentes ao final da campaña 2019-2020 que se computaron á 2020-2021, que foron un total de 887.210 euros. Despois, pola caída dos ingresos en partidas como a de publicidade, televisión, abonos e despachos de billetes, cun total de 1.181.603 euros, e, por último, os 469.132 polos gastos derivados directamente dos protocolos covid da liga.
Para a tempada en curso, a entidade lucense contará cun orzamento de 7,6 millóns de euros, 5,9 da televisión, e prevé novas perdas por un importe próximo aos 739.000 euros.
|RP|🎥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) December 27, 2021
👉Lembra as palabras do Presidente #TinoSaqués, tras a celebración da Xunta Xeral:
▶️ https://t.co/NGie7CvNdm #ForzaLugo pic.twitter.com/MFemJFmURD