Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fuenlabrada amarga a celebración da permanencia do Lugo

O Fuenlabrada amarga a celebración da permanencia do Lugo

Zozulia sentenciou co 1-3 xusto despois dun longueiro de Moyano

Pouco público hoxe no Anxo Carro, pouco máis de 1.600 seareiros

G24.gal 14/05/2022 15:45

O que debería ser unha festa pola permanencia converteuse nun partido ben tristeiro entre un equipo cos deberes feitos e outro que xa dixera adeus á categoría. O Fuenlabrada tivo máis claras as ideas e obtivo vantaxe ven axiña cun penalti que observou o VAR. Padro León transformouno no primeiro gol do partido aos cinco minutos.

O Lugo tardou en presentarse ao partido. Só a partir da media hora de xogo foi quen de facer cousas en ataque. Logrou o empate nunha acción marcada casa, logo dun saque de banda. O balón, logo do rexeitamento, chegoulle a Señé, que enviou á rede. Señé marcaba o seu terceiro gol desta temporada, rachando unha seca de seis meses sen ver posta.

Tras o intermedio, o Lugo deu un paso adiante e semellaba decidido a festexar a permanencia cunha vitoria. Porén, concedeu demasiados ocos ás súas costas. Aproveitouno o Fuenlabrada, que volveu tomar a dianteira nunha acción que xulminou Kante, xusto ao cuarto de hora do segundo tempo.

Co marcador desfavorable, e con poucos síntomas de reacción, Rubén Albes decidiuse a mover o banco. Entre outros, ingresou Fernando Seoane que diputou o seu partido 425 en segunda. Igualou con Quique Martín como o segundo xogador con máis encontros na categoría, só por detrás do inalcanzable Nino. Outro home de refresco, Sebas Moyano, volveu ser o máis activo conytra o final. Un centro chut seu obrigou a unha excelente intervención do gardameta Miguel Morro. Entre el a traba evitaron o empate.

Xusto despois, no 90, chegou o empate. Balón ao oco para Zozulya, que non errou diante de Óscar Whalley. Por primeira vez nesta campaña o Lugo apañaba tres goles na casa. ao remate do partido, os xogadores atoparon o aplauso dos poucos espectadores que agardaron nas bancadas dio Anxo Carro. Só 1600 espectadores asistiron ao partido. A reflexión é se a cidade e o propio club lle dan o xusto valor á continuidade durante máis dunha década nunha categoría do nivel da segunda división.

Minuto a minuto

15:50

Na Segunda, o Lugo recibe esta tarde no Anxo Carro o xa descendido Fuenlabrada. Partido xa sen transcendencia para os intereses lucenses, coa permanencia xa pechada cando faltan tres xornadas para acabar.

 

A derrota da Real Sociedade B diante do Almería certificou que os albivermellos estarán unha temporada máis, e xa van once, na categoría de prata do fútbol español. O obxectivo, pois, quedar o máis arriba posible na clasificación.

 

Esta é a aliñación dos de Albés

 

15:57

E hoxe o Lugo estrea esta fermosa camiseta cor rosa que inclúe o nome de todos os abonados do cadro albivermello

1'

Comezou o partido!

3'

Penalti a prol do Fuenlabrada logo da revisión do VAR

 

Primeiro achegamento do Fuenla e Señé comete penalti claro sobre Pedro León

5'

Gol do Fuenlabrada, Pedro León engana a Whalley e fai o primeiro do partido

8'

A piques de marcar Chris Ramos! 

 

Gran xesto técnico dentro da área e o seu tiro coa zurda marchou a rentes do pau

34'

Pedía penalti Carrillo, non o considerou así o colexiado

38'

Gol de Señé!

 

Refaise do seu erro do penalti rival e empata o partido logo dun saque de banda directo a área de Ricard Sánchez

48'

Arriba Señé!

 

Que bo pase filtrado de Lebedenko e o disparo de Señé que marchou desviado por riba da trabe

Descanso

Tempo de lecer logo de 5 minutos de engadido

 

Empezou moi mal o partido o Lugo co penalti provocado por Señé que transformou Pedro León. Pero o propio centrocampista empatou o encontro a 10' do descanso nunha xogada de saque de banda de Ricard 

46'

Empezou a segunda parte!

48'

A piques de marcar Kante para o Fuenlabrada

54'
57'

Outra gran oportunidade para Kante, estivo ben Whalley para atallar o balón

58'

E o final rachou o saco, gol de Kanté a prol do Fuenlabrada

 

Recrimínanlle os xogadores do Lugo algún xesto ou algo na celebración e todo remata co cartón amarelo a Whalley e o 1-2 no marcador

66'

E outra ocasión para o Fuenlabrada!

71'

Gol anulado ao Lugo, marcou Xavi Torres pero estaba en posición antiregulamentaria

76'

Tivo o Lugo o empate! A xogada estaba anulada por fóra de xogo

78'

Parou Morro o disparo de Señé dende fóra da área, busca o Lugo o empate nestes últimos minutos

87'

Ao paaaaau Sebas Moyano!!!

 

Case empata o Lugo nunha picadiña dun dos recambios de Albés nesta segunda parte. Tocou Morro e acabou no traveseiro

90'

Sentencia o Fuenlabrada

 

Marcou Zozulia o 1-3 que semella definitivo, teremos 3 minutos de engadido

92'

Non sinalou penalti o VAR logo dunha gran xogada de Moyano

FINAL

Final do partido, descafeinada a salvación do Lugo diante dos seus. O Fuenlabrada levou un encontro de moita intensidade e faltas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade