Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sabit Abdulai é a nova fichaxe do Lugo

Sabit Abdulai é a nova fichaxe do Lugo

O ghanés chega cedido dende o Xétafe

Xogou na Ponferradina a pasada tempada

G24.gal 06/07/2023 14:52

O CD Lugo chegou a un acordo co Xétafe para a cesión do futbolista ghanés Sabit Abdulai.

O mediocentro tratará de tapar os ocos que quedaron polas numerosas baixas que sufriu o conxunto lucense.

Disputou a derradeira tempada na SD Ponferradina da Segunda División, onde comezou disputando moitos minutos como titular, pero co paso dos encontros saíu dese posto como habitual. Rematou a tempada xogando 766 minutos (730 en Liga e 36 en Copa do Rei) co conxunto de Ponferrada e participiu nun gol cunha asistencia.

O pivote de 24 anos chegou a debutar coa selección ghanesa sub 23 e tamén co Xetafe en Primeira División (57 minutos en 3 encontros).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade