Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo empata en Guadalaxara (1-1) e adía o asalto á parte alta

O Lugo empata en Guadalaxara (1-1) e adía o asalto á parte alta

O Lugo dominou, pero o Guadalaxara adiantouse nunha polémica contra

Reniero, o home máis perigoso, igualou cunha cabezada

No tempo engadido, o porteiro Zarco salvou aos locais

Foto: @deporguada
G24.gal 09/11/2025 20:20

O Lugo acadou un empate en Guadalaxara, nun partido en que se viu por detrás no marcador, e que non puido desnivelar no treito final para acadar o primeiro triunfo visitante. O primeiro aviso deuno o Lugo, cun dobre remate de Reniero á saída dun córner. O primeiro estrelouse na defensa, e o segundo marchou fóra. Pouco despois, o remate era de Txus Alba, por riba do traveseiro.

Aos poucos, o Guadalaxara foi entrando no partido, pero sen crear ocasións claras ata o minuto 15, cando Íkerr Piedra sacou un pé salvador a remate de Manu Ramírez.

Dez minutos máis tarde, volvía inquedar o Lugo a balón parado. Foi nunha falta de Txus Alba que rematou Trigueros fóra. Yago Iglesias pediu a revisión que deixou ver as mans dun defensa. Pero Aranda Delgado non xulgou penalti. E, logo de senllos remates de Jorge e Reniero, tampouco o viu na segunda das revisións, por unha acción de Zarco e Nicholas que acabou co albiceleste no chan. E así a primeira metade remataba sen goles.

A primeira á volta de pausa volveu ser do Lugo, cun remate de Reniero que saíu lambendo o pau. Pero o gol ía caer do lado local. Foi nunha rápida contra que definía David Amigo a pase de Pablo Muñoz. A acción rematouna José Amo con sangue na cabeza pero, despois de revisala, o árbitro non viu nada punible e o tanto subía ao marcador.

A partir de aí, o Lugo intensificou a súa presión, e o empate chegou no 67. Centrou Lago Junior, e Reniero adiantouse a Zarco para cabecear á rede. O partido estaba xa desnivelado a prol do Lugo, que seguiu atacando. Poero a segunte clara foi para o Guadalaxara, cun remate de Agus Moreno que marchou por pouco. A réplica deuna o Luga cun remate lonxano de Carbonell que, logo de rexeitar Zarco, estrelouse na escadra.

Chegou o tempo engadido e, con el, a hora dos porteiros: Íker Piedra salvou o gol de David Amigo, e Zarco salvou tamén o segundo do Lugo, primeiro nun remate á saída dunha falta e, no minuto 101, cun paradón a remate de Pastrana. O empate a uns final mantén ao Lugo sen gañar aínda lonxe do Anxo Carro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos