Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo despídese da segunda división co primeiro triunfo de 2023

O Lugo despídese da segunda división co primeiro triunfo de 2023

Os de Íñigo Vélez gañaron no Plantío cun gol de Sebas Moyano

G24.gal 27/05/2023 19:10

Houbo que agardar á xornada 42, á última da Liga, e co Lugo xa descendido, para que chegase por fin a primeira vitoria dun ano que non vai pasar á historia albivermella. No Plantío o Lugo puido por fin ter o seu momento neste remate de temporada. E foi cunha vitoria que puido encauzar antes.

Na primeira metade os lugueses dispuxeron dun penalti, pero Juanpe non foi quen de aproveitalo. Parouno Caro. Houbo que agardar ata o tempo engadido, cando Sebas Moyano si foi quen de acadar o gol que resultaría decisivo.

Porque na segunda metade, o resultado xa non se ía mover. Estivo a piques de subir o 0-2, pero o tanto de Pantic, que inicialmente foi concedido polo árbitro, foi anulado finalmente polo VAR.

Non importou. O 0-1 permitiulle ao Lugo despedirse da categoría co primeiro triunfo do ano 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar