Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo anuncia 23 baixas de cara á vindeira tempada

O Lugo anuncia 23 baixas de cara á vindeira tempada

Os xogadores abandonan o club por fin de contratos, claúsulas de liberación co descenso, fins das cesións e rescisión de contrato

G24.gal 30/06/2023 14:27

O C. D. Lugo anunciou este mediodía a baixa de 23 xogadores que se atoparon no plantel na tempada de 2022-2023.

Quedaron libres tras rematar o seu contrato: Bruno Pirri, El Hacen, Juanpe, Andoni López, Joselu, Moyano, Pantic, Álex Pérez, Alberto, Scepovic, Barreiro, Señé y Whalley.

Outros xogadores dispuñan no seu contrato unha cláusula liberatoria debido ao descenso a 1ª RFEF, estes son: Zé Ricardo, Baena, Calavera, Clavería, Neyder Lozano, Sequeira y Xavi Torres. 

Por último, a xa coñecida rescisión de contrato de Marc Carbó, súmaselle á volta aos seus equipos de Javier Avilés e Gui Guedes tras rematar as súas cesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade