Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo matoulle a unha veciña de Rois catro mascotas nos últimos catro anos

O lobo matoulle a unha veciña de Rois catro mascotas nos últimos catro anos

O último ataque foi a un canciño yorkshire a plena luz do día

Di que a presenza do lobo preto das casas limita a súa vida diaria

Snoopy, a última mascota de Celia que lle matou o lobo
Marta González Salve 17/12/2021 14:12

Unha mascota por ano durante os últimos catro anos. Son as que unha veciña de Rois denuncia que o lobo lle matou. A última, hai tan só uns días. Un canciño yorkshire que o lobo levou da porta da casa. 

Na horta situada a escasos metros da casa, en Vilar de Castro, foi onde Duque, o único can que lle quedaba a Celia, atopou o rastro de Snoopy, o Yorkshire que o lobo lle matou hai unha semana.

Para Celia este ataque non é un feito novo. Nos últimos anos xa perdeu 4 mascotas.

Tras denunciar os feitos ante a Garda Civil, está á espera da visita dos axentes do Seprona. Asegura que o lobo pasea ás súas anchas polas súas propiedades e que limita a súa vida e a da súa familia. 

Di que o lobo matou máis animais na aldea, pero que a xente ten medo a denunciar. Pide que se tomen medidas como proporcionar alimento aos lobos no seu hábitat para evitar que baixen buscalo preto das casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade