Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo resolve a eliminatoria co Voltregá pola vía rápida e cítase co Noia

O Liceo resolve a eliminatoria co Voltregá pola vía rápida e cítase co Noia

Dava Torres decidiu no partido de volta con tres goles

G24.gal 26/05/2024 12:54

O Liceo resolveu pola vía rápida unha durísima eliminatoria contra o Voltregá. Gañou no partido de volta por 6-7 e conseguiu a vitoria que precisaba para chegar ás semifinais nas que se medirá ao Noia. Comezou adiantándose o equipo catalán cun gol de Gerard Teixidó pero o Liceo xogou un gran primeiro tempo e conseguiu ir ao descanso gañando por 1-4 cos goles de Carballeira, Dava Torres, Sito Ricart e Tomás Magalhaes. 

Recuperou o Voltregá que antes do minuto 10 da segunda metade se poñía cun 3-4 pero o Liceo mantivo a calma e volveu a poñerse cun +3 (3-6) grazas ao acerto de Bruno Saavedra e Dava Torres. O ex liceísta Alex Rodríguez non quería que rematase a eliminatoria e, cun dobrete, deulle emoción (5-6) a sete minutos do final. 

De novo Dava Torres foi o encargado de tranquilizar a parroquia liceísta e co seu terceiro gol da tarde sentenciou o pase ás semifinais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade