Cargando resultados...
O Liceo reacciona a tempo e golea o Rivas (6-2)
Os madrileños chegaron a colocarse 3-2, pero Bruno anotou un dobrete para sentenciar
G24.gal
11/10/2025 21:04
Na OK Liga, o Liceo logrou a vitoria ante o Hóckey Rivas en Riazor por seis a dous. Arnau Xaus e Bruno Saavedra destacaron no aspecto goleador, con dous tantos cada un. Os coruñeses chegaron ao lecer cunha clara vantaxe de tres a cero.
Pero os visitantes reaccionaron e situaron un tres a dous no marcador que obrigou o Liceo a un esforzo importante na recta final. O equipo de Juan Copa suma sete puntos en tres xornadas.