Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo queda fóra da Copa dezaoito anos despois

O Liceo queda fóra da Copa dezaoito anos despois

Derrota no Pavillón Olímpico de L'Ateneu

O resultado de 3-1 deixa os galegos fóra dos postos de Copa

G24.gal 07/01/2024 14:38

O Deportivo Liceo non vai xogar a vindeira edición da Copa do Rei. A derrota en Noia combinada con outros resultados da última xornada da primeira volta da OK Liga deixa os liceístas na oitava posición. 

O posto é insuficiente pola clasificación, o Calafell. O Liceo foi mellor no primeiro tempo, e chegou ao descanso con vantaxe grazas ao gol de Dava Torres, que reaparecía neste encontro.

Pero no segundo tempo, o Noia demostrou por que é o segundo clasificado e logrou remontar. Aleix Esteller fixo o empate e Xavier Rovira os dous seguintes para situar o marcador definitivo: 3-1. O Liceo non quedaba fóra da Copa desde o ano 2006.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar