O Liceo esquécese dos cuartos da Champions logo de perder en Italia
O Liceo esquécese dos cuartos da Champions logo de perder en Italia
Caeu na pista do Forte por 4-2 malia adiantarse no marcador
Queda como o último clasificado sen puntuar nas tres xornadas
O Liceo precisaba unha dobre vitoria ante o Forte italiano para soñar coa clasificación europea na fase de grupos, pero a derrota por 4-2 déixao case eliminado desta edición da Champions. Son tres xornadas, e o equipo galego aínda non conseguiu puntuar. O Barcelona é o líder con nove puntos (inalcanzable), o Barcelos ten seis e o Forte é terceiro con tres.
Un gol de Tombita facía xustiza ao bo inicio do Liceo en Florencia. Pero o equipo italiano, da man de Francesco Compagno, soubo darlle a volta ao resultado. O dobrete do ex-xogador do Reus puxo o 2-1. O español Joan Galbas fixo o terceiro. Dava Torres recortou diferenzas nunha bola parada pero Francesco Rossi, nunha xogada moi protestada polo equipo galego, puxo o definitivo 4-2.