Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo pasa á semifinal de Copa amosando a súa pegada (7-2)

O Liceo pasa á semifinal de Copa amosando a súa pegada (7-2)

Dobretes de Carballeira e Dava Torres no triunfo sobre o Caldes

Xogará contra o sorprendente Voltregá, que eliminou o Noia (3-2)

G24.gal 02/03/2023 19:52

O Liceo pasou á semifinal da Copa de hóckey sobre patíns cun contundente triunfo sobre o Caldes (7-2). O equipo de Juan Copa amosou a súa gran pegada e o seu bo estado de forma nesta cita tan importante. 

Dava Torres e César Carballeira, protagonistas goleadores, encamiñaron a vitoria no primeiro tempo. Presas acurtou diferenzas pero antes do descanso volveu aparecer o capitán Torres para marcar o 3-1.

Arnau Canal fixo o cuarto e deixaba o partido case sentenciado. Pero o Caldes, con outro gol de Presas, recortou diferenzas e meteuse no partido. Pouco lle durou a alegría. O Liceo foi letal nos últimos minutos e, con goles de Álex Rodríguez, Carballeira e Bruno Di Benedetto, puxo un contundente marcador de 7-2, moi raro de ver neste tipo de fases finais. 

Remontada do Voltregá

O seu rival na semifinal será o Voltregá. Contra todo prognóstico eliminou un Noia que gañaba por 2-0 no descanso. O Voltregá remontou no segundo tempo e cun gol a 30 segundos do final selou o seu pase. O partido xogarase ás 18:30 horas e verase integramente por G24 e na G2 unha vez remate o Celta B. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade