Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albacete-Celta, Deportivo-Mallorca e Ourense C. F.-Athletic, na Copa do Rei

Albacete-Celta, Deportivo-Mallorca e Ourense C. F.-Athletic, na Copa do Rei

A última visita dos vascos ao Couto foi na temporada 1959-1960

O Celta viaxa a Albacete e o Deportivo xogará en Riazor ante o Mallorca

As eliminatorias serán o 16, o 17 ou o 18 de decembro

G24.gal 09/12/2025 11:47 Última actualización 09/12/2025 14:23

Xa coñecemos as eliminatorias de dezaseisavos de final da Copa do Rei. O Ourense C. F. recibirá no Couto o Athletic de Bilbao, un clásico da Copa. A última visita dos vascos ao Couto en Copa foi na temporada 1959-1960. O CD Ourense gañara por 3-1 con dous goles de Rivera e un de Villa.

O Celta terá que viaxara para xogar no estadio do Albacete, que ocupa a 13ª posición con 22 puntos.

Por último, o Deportivo xogará en Riazor ante o Mallorca. Os insulares non están a facer unha boa temporada e están preto do descenso con só 14 puntos.

As eliminatorias serán o 16, o 17 ou o 18 de decembro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade