Marco Garcés renova como director de Fútbol do Celta ata 2030
O mexicano chegou en 2023 e conducirá o proxecto deportivo do club vigués durante catro campañas máis
O Celta confía o seu futuro deportivo ao mexicano Marco Garcés. Chegou en decembro de 2023 despois da etapa de Luis Campos e remataba contrato nunhas semanas. O cadro vigués decidiu renovar o vencello ata o 2030 co que Garcés deseñará o futuro do Celta durante as vindeiras catro temporadas. Aposta pola continuidade dun Director de Fútbol que marcou as liñas mestras do proxecto apostando por un adestrador da canteira como Claudio Giráldez e por moitos xogadores formados en Afouteza.
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 Marco Garcés, director de fútbol do Celta, 𝗿𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗱𝗼 ata 2030.
— Celta (@RCCelta) December 12, 2025
Moitos parabéns e grazas, Marco!
🔗 Máis información en https://t.co/vy4WheCSO5 pic.twitter.com/hne9nrqOGQ