Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo inicia a Liga cun empate diente do Shum (3-3)

O Liceo inicia a Liga cun empate diente do Shum (3-3)

Os de Juan Copa déronlle a volta a un 0-2 inicial, pero cederon a igualada no último minuto

Foto: @manu_boutureira
G24.gal 28/09/2025 12:55

Comezou a OK Liga e o Liceo non pasou do empate en Riazor ante Shum. Nos prolegómenos houbo homenaxe a Jordi Adroher, o mago, ex xogador dos dous equipos, retirado tras ascender o Shum a pasada temporada.

O conxunto catalán situouse con 0-2 favorable nos primeiros minutos do encontro. Marcaron Roger Presas e Aleix Domenech. Pero o Liceo logrou remontar con goles de Bruno Saavedra, César Carballeira e Dava Torres.

Os visitantes non se renderon e Xavier Gurri puxo o tres a tres definitivo a 29 segundos do final. Nil Cervera tivo a derradeira ocasión no último segundo. Tropezo inagardado para o Liceo neste inicio ligueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade