O Liceo derrota con apuros o Calafell e é o novo líder da OK Liga
Semana fantástica dos de Juan Copa logo do seu triunfo o martes no Palau ante o Barça
O Liceo completou unha gran semana na OK liga. Tralo seu triunfo o pasado martes no Palau ante o Barça, o equipo coruñés gañoulle ao Calafell esta tarde en Riazor por tres a dous. Sufríu, iso sí, o equipo de Juan Copa. Os visitantes marcaron aos quince segundos de xogo por medio de Aleix Marimón, e mantiveron a vantaxe ata a segunda metade. Pero o Liceo remontou a base de golazos. Tres en catro minutos, do sete ao once. Empatou Nuno Paiva. Arnau Xaus fixo o dous a un. E outra vez Paiva, patinando desde a súa propia área, situaba o tres a un. Marimón, a falta de medio minuto, marcou o tres a dous definitivo. Con sufrimento, pero o Liceo puido celebrar a vitoria e tamén o liderado, logo da derrota do Reus ante o Barça.