Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo asalta o Palau e durme coma líder da OK liga

O Liceo asalta o Palau e durme coma líder da OK liga

Gran vitoria liceísta,(3-5), no feudo do Barcelona que o aúpa o liderado da OK Liga

César Carballeira,Bruno Saavedra ,ambos en dúas ocasións, e Nuno Paiva foron os goleadores do equipo herculino

@FCBhoquei @FCBhoquei
G24.gal 14/10/2025 21:25

O Liceo deu a badalada e derrotou o Barcelona no Palau Blau Grana no partido intersemanal da OK Liga . Con este triunfo os de Juan Copa colócanse coma líderes da categoría o sumar tres vitorias de forma consecutiva.

Os herculinos entraron con forza no partido. E tras dúas oportunidades de Bruno Saavedra e Arnau Xaus , nas que se toparon co porteiro local Sergi Fernández, sería o propio Saavedra o que adiantaría no electrónico os coruñeses tras superar no man o man o meta blaugrana. Un minuto despois sería Nuno Paiva o que ampliaría a renda deixando o equipo local moi tocado na súa chegada o intermedio. E o inicio de segunda metade do equipo herculino foi inmellorable cun novo gol, esta vez anotado por César Carballeira. Os culés reducirían diferenzas por medio do ex liceísta Pablo Álvarez, pero os de Copa responderon ben cun gol do portugués Paiva. O luso tivo nas suas mans senteza cun lanzamento directo que non anotou e deu vida ao equipo blaugrana. Barroso e Aragonés colocaron un inquietante 3-4 no marcador a falta de dous minutos para o remate. Pero o Liceo soubo defender o porteiro xogador planeado polo Barcelona e César Carballeira anotaría o definitivo 3-5 a sete segundos do final.

Gran triunfo do Liceo que fai durmir os de Juan Copa no primeiro posto da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade