Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo comeza o play off polo título gañándolle ao Alcoi

O Liceo comeza o play off polo título gañándolle ao Alcoi

Comezou a serie de cuartos cun triunfo por 6-3

G24.gal 14/05/2022 23:12

Na OK Liga, o Deportivo Liceo gañou o seu primeiro partido do playoff de cuartos de final. Seis a tres foi o resultado do encontro disputado en Riazor ante o Alcoi. Ao descanso chegouse cun dous a cero no marcador. O equipo de Juan Copa levou sempre a iniciativa e a súa vitoria nunca perigou.

Mediado o segundo tempo os liceístas gañaban por cinco a un, e só nos minutos finais os visitantes lograron maquear o resultado. Así pois, o Liceo logrou o primeiro triunfo nesta eliminatoria ao mellor de tres partidos. O segundo, a vindeira fin de semana en Alcoi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar