Cargando resultados...
O Liceo principia a liga cun pleno de triunfos: tres de tres
O equipo de Juan Copa gañou 1-6 na cancha do ascendido Arenys de Munt
Foto Liceo
G24.gal
21/09/2022 11:54
Última actualización 21/09/2022 15:58
Segue invicto o Liceo: tres de tres. O equipo de Juan Copa gañou 1-6 na cancha do ascendido Arenys de Munt.
Di Benedetto abriu o marcador no inicio do encontro. O resto de goles liceístas chegaron tras o descanso. Con Álex Rodríguez que marcou en dúas ocasións, con Bruno Di Benedetto que repetiu, César Carballeira e un ultimo tanto de Álex Rodríguez que finalizou o partido con tres goles.
O Barça, o Liceo e o Noia aparecen como os tres equipos que aínda non coñecen a derrota neste inicio de liga.
Este venres o Liceo volve á súa casa. Recibe en Riazor o San Cugat.