Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo asegura a segunda posición para a fase polo título

O Liceo asegura a segunda posición para a fase polo título

Gañoulle ao Vilafranca por 7-2 e terá vantaxe de campo nas dúas primeiras eliminatorias

G24.gal 16/04/2023 10:09

O Liceo goleou o Vilafranca (7-2) e asegurou a segunda posición na fase regular, o que lle dá vantaxe de campo para as dúas primeiras eliminatorias na loita polo título. 

Viña dun esforzo grande o pasado xoves pero derrotaron o rival con facilidade e grazas ao protagonismo de actores segundarios. Fran Torres 'Tomba' volveu marcar e Sito Ricart fixo un dobrete. Polo demais marcaron Carballeira, Dava Torres, Ciocale e Arnau Canal. Nos visitantes un dos goles foi do galego Pablo del Río. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade