Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo abre a Champions en Riazor ante o Oliveirense portugués

O Liceo abre a Champions en Riazor ante o Oliveirense portugués

Comeza a competición europea para o Liceo na casa

O club coruñés está no "grupo da morte" con Barcelos, Benfica, Oliveirense, Sporting e Bassano

G24.gal 05/11/2025 17:19

O HC Liceo volve á WSE Champions League coa ilusión de revivir as grandes noites europeas. O equipo coruñés debutará na fase de grupos ante o U. D. Oliveirense, un encontro que se disputará mañá xoves ás 20:30h no Pazo dos Deportes de Riazor. 

O capitán do Liceo, Dava Torres, comentou o importante que é gañar os partidos na casa como o de mañá ante a previsión do que será unha fase moi esixente.

"Comezamos contra un rival de altura, pero a competición así o require. Comezamos na casa e pensamos que é un partido importante para esa futura clasificación. Aínda queda moi lonxe, pero queremos comezar con bo pé".

O Liceo está no chamado grupo da morte con catro equipos portugueses: Oliveirense, Barcelos, Benfica e Sporting, e un italiano, Bassano. Dous equipos quedarán fóra da final a oito directa, xa que este ano non hai eliminatoria de cuartos de final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade