Cargando resultados...
O Leyma Coruña cae no último cuarto diante do Lleida
Chegou ao treito final gañando por 60-55 e acabou perdendo 63-71
G24.gal
12/10/2022 21:11
Derrota do Leyma Coruña na súa pista, primeira derrota da temporada para os homes de Diego Epifanio. Todo despois dun partido co Lleida que viña de gañarlle ao Estudiantes en que o cadro coruñés sufriu un bloqueo brutal no último cuarto. Antes estivo por debaixo no marcador pero as diferenzas non eran insalvables.
Chegou ao ultimo cuarto dous puntos e baixo e chegou a ter cinco de vantaxe a falta de seis minutos (60-55) pero neses últimos seis minutos Lleida fixo un parcial de 3-16 para levar o encontro. Filipovic, con trece puntos, destacou no Leyma, Carrera Gamboa con 22 puntos e 11 rebotes foi a estrela do Lleida.