Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña perde a opción de ascenso no cuarto partido

O Leyma Coruña perde a opción de ascenso no cuarto partido

O Gipuzkoa impúxose por 82-77 e xogará a Final a Catro

Jaworski (36 puntos) foi o elemento desequilibrante do partido

G24.gal 04/06/2023 13:25

O Leyma Coruña quedou fóra da Final a Catro polo ascenso á ACB despois de perder por 82-77 na pista do Gipuzkoa. A eliminatoria queda co 3-1 a prol dos vascos.  

Tivo un bo inicio o equipo local (7-2) pero o Leyma meteuse cedo no partido (11-11) nun primeiro cuarto de máxima igualdade (19-21). O segundo ía polo mesmo camiño (31-27) ata os últimos catro minutos en que o Gipuzkoa deu un primeiro tirón para chegar ao descanso oito arriba (39-31). 

Volveu o equipo coruñés a achegarse no terceiro cuarto (52-49) pero esa goma que fixo durante moitos minutos volveu facerse máis longa (59-50) e os locais entraron cunha boa vantaxe no último cuarto (65-56) grazas aos 17 puntos que logrou Jaworski neste treito. 

Parecía que o partido estaba dominado polo Guipúscoa (76-63), pero o Leyma reaccionou e conseguiu poñerse a só 2 puntos (78-76) pero unha tripla de Oroz a corenta segundos do final resultou definitiva para a sorte do encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar