Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña decide o derbi co Breogán nos últimos cinco minutos

O Leyma Coruña decide o derbi co Breogán nos últimos cinco minutos

A loita polo terceiro posto no Encesta Rías permitiu comprobar o primeiro enfrontamento entre os dous galegos da ACB

G24.gal 14/09/2024 20:05

O Leyma Coruña levou o derbi galego que se verá esta temporada na ACB diante do Río Breogán. Gañou logo dun partido moi parello no que os de Lugo dominaban a cinco minutos para o final. 

A entrada do Leyma Coruña no partido foi moi boa. Epi fixo fincapé na mellora defensiva e o acerto de Font e Lima permitíalles rematar o primeiro cuarto por diante (18-9). No segundo cuarto colleu a remuda o Breogán chegando por diante ao tempo de lecer (29-31). 

A igualdade mantívose no terceiro cuarto (48-51) con Vila e Apic moi atinados para os lucenses pero Figueroa e Burjanadze daban a réplica dos coruñeses. O Breogán chegou por diante 53-58 a cinco minutos do final, intre no que cambiou a sorte do Leyma. O tino en ataque permitiulles remontar e acabar levando o triunfo por 70-65. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar