Cargando resultados...
O Leyma Coruña tamén leva por diante o histórico Estudiantes
Cuarta vitoria consecutiva para os coruñeses, que se confirman como o equipo máis en forma da LEB Ouro
G24.gal
05/02/2023 20:12
Hai uns días gañaba na pista do Lleida, que levaba un ano sen perder como local, e este domingo o Leyma Coruña acabou co histórico Estudiantes. Xa son catro vitorias seguidas, a dúas do terceiro posto, que ocupa o rival que caeu en Riazor.
O Leyma sacoulle todo o zume á súa rotación. Epi tirou dos dez xogadores e imprimiu un ritmo moi duro para ir aniquilando a Estudiantes. 20-14 no primeiro cuarto e 40-33 no descanso. Ao final do terceiro cuarto, a marxe xa fora por riba dos dez puntos (61-48); a vitoria non perigou en ningún momento.
Os dez que participaron achegaron puntos, con Barrueta como máximo anotador con 12.