Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O internacional croata Toni Nakic renova co Breogán
O seu promedio foi de 8,6 puntos, 3,1 rebotes e 1,3 asistencias en 28 partidos
 Foto @CBBreogan
                        Foto @CBBreogan
            
                            G24.gal
                        
                            09/06/2023 12:31
                        
                        
                                Última actualización 09/06/2023 12:35
                        
                        
                    
                    O Río Breogán e Toni Nakic (Sibenik, Croacia,1 de xuño de 1999), chegaron a un acordo para que o xogador defenda a camiseta celeste na tempada 2023/24.
O internacional croata foi un dos xogadores máis sólidos na súa primeira tempada en Liga Endesa, promediando co Río Breogán 8,6 puntos, 3,1 rebotes e 1,3 asistencias en 28 partidos cunhas porcentaxes de 46 % en tiros de 2 e 40% en triplos).
"A calidade, mocidade, polivalencia e solidez de Toni Nakic, estarán unha tempada máis ao servizo do equipo dirixido por Veljko Mrsic", afirma o Breogán nun comunicado.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        