Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 'inline freestyle', unha disciplina de patinaxe que vai gañando afeccionados

O 'inline freestyle', unha disciplina de patinaxe que vai gañando afeccionados

Celebrouse en Vigo o Campionato Galego desta modalidade que conta con diversas probas técnicas e artísticas

G24.gal 01/05/2024 20:27 Última actualización 01/05/2024 20:57

Celebrouse en Vigo o campionato galego de 'inline freestyle' unha disciplina de patinaxe que está a coller moito pulo e na que España é potencia mundial. 

Patíns en liña e non ter medo a caer nin a velocidade: esa é a receita para practicar o 'inline freestyle', unha modalidade que xurdiu nos anos noventa e que está calar fondo nos últimos tempos.

Consta de cinco tipos de probas, unhas máis artísticas e outras máis técnicas, como salto, velocidade e derrapaxes. 

Na modalidade de salto o mellor rexistro mundial está no metro sesenta e oito.

Hoxe as máis pequenas superaron en catro centímetros a marca de setenta que se esixe para ir ao Campionato de España.

Un deporte para todas as idades, con competidores de dez a cincuenta anos no que España é potencia mundial malia que aínda non sexa moi coñecido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar