Cargando resultados...
O incendio no extractor dun restaurante cobre de fume o centro de Vigo
Houbo que cortar o paso aos peóns para evitar que inhalasen fume, pero todo quedou nun susto
O incidente acabou sen feridos
G24.gal
02/07/2026 13:10
Susto nun céntrico restaurante de Vigo. O incendio nunha campá extractora provocou unha densa fumareda que puido verse dende diferentes partes da cidade.
O lume xerou moita expectación pero afortunadamente todo quedou nun susto. Houbo que desaloxar o local e cortar o paso aos peóns para evitar que inhalasen fume. A rápida actuación dos bombeiros impediu que se propagase o lume e non houbo que lamentar feridos.
Hoxe o restaurante puido abrir as súas portas, pero segundo os seus responsables non poderán servir comidas ata que remate a reparación dos danos que o incendio provocou na cociña.