Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dunha vivenda desata unha vaga de solidariedade en Cedeira

O incendio dunha vivenda desata unha vaga de solidariedade en Cedeira

Os veciños buscan financiamento para reconstruír os estragos causados polo lume

G24.gal 02/08/2022 14:13

Dende que o domingo as lapas calcinaron case por completo unha vivenda, na parroquia cedeiresa de Régoa, por alí non deixan de achegarse veciños dispostos a botar unha man para reconstruír o antes posible a casa, propiedade dun veciño de Cedeira, do que todos din que sempre está disposto a axudar os demais.

E agora que mellor ocasión que esta para devolverlle todos eses favores. De feito a asociación Cedeira en Pé acaba de poñer en marcha unha campaña para recadar cartos, útiles e mobiliario que poidan servirlle de axuda para comezar de novo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade