Avanza sen control o incendio de Valpaços, preto da fronteira con Galicia
O lume mantén tres frontes activas, mentres o incendio de Guarda quedou controlado durante a madrugada
António Antunes-RTP
O incendio forestal declarado no municipio portugués de Valpaços, no distrito de Vila Real e a poucos quilómetros da fronteira con Galicia, continúa este mércores como o lume que máis preocupa as autroidades lusas. O incendio mantén tres frontes activas, aínda que a súa evolución mellorou durante a noite.
No operativo participan 439 efectivos e 140 vehículos. As lapas chegaron a rodear unha localidade e aproximáronse a explotacións gandeiras, aínda que, polo momento, non se rexistraron evacuaciós, vivendas afectadas nin persoas feridas. A estrada nacional EN-213 continúa cortada na zona.
Controlado o incendio de Guarda
O incendio iniciado o luns no municipio de Guarda, tamén próximo á fronteira española, foi dado por controlado durante a marugada. Máis de 600 efectivos permanecen sobre o terreo para cosolidar o perímetro, extinguir os puntos quentes e evitar posibles reactivacións.
Portugal mantén este mércores decenas de municipios e oito distritos en risco máximo de incendio debido ás altas temperaturas, á baixa humidade e á seca da vexetación.