Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Monforte puido deberse a un fallo eléctrico

O incendio de Monforte puido deberse a un fallo eléctrico

Catro dos feridos reciben a alta, pero outros dous seguen na unidade de queimados do CHUAC

No sinistro faleceu un home de 52 anos afogado polo fume

O edificio ten varias plantas pero todas pertencen á mesma vivenda
Ana Lois 27/12/2021 18:22

Este luns abandonaron o hospital catro das persoas que tiveran que ingresar tras o incendio dunha vivenda en Monforte. Outros dous feridos seguen na unidade de queimados da Coruña. No suceso faleceu un home de 52 anos. As sete vítimas son membros dunha mesma familia.

O lume comezou pouco antes das sete e media da mañá, mentres os habitantes da vivenda durmían. Crese que as lapas se orixinaron nun aparello eléctrico.

"Viñeron pasar as festas aí e mira que traxedia. Aí vive a nai cun fillo porque está maior, ten 91 anos. Unha desgraza", comenta unha veciña.

O Concello ofreceulle á familia un hotel para aloxarse se así o precisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade