Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Folgoso e da Pobra avanza cara a Quiroga

O incendio de Folgoso e da Pobra avanza cara a Quiroga

Arderon 5.500 hectáreas segundo as últimas estimacións

G24.gal 19/07/2022 21:35 Última actualización 19/07/2022 21:51

As lapas seguen sen control no incendio que afecta os concellos de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón. E agora avanzan cara a outro concello limítrofe, o de Quiroga.

Na extinción traballan case corenta medios aéreos, e máis de 250 efectivos, entre axentes forestais, brigadas e técnicos, e tamén está na zona a Unidade Militar de Emerxencias. As últimas estimacións apuntan que son 5.500 as hectáreas queimadas.

Centos de desaloxados e unha decena de construcións calcinadas

Neste incendio foi preciso desaloxar máis de 900 persoas de 60 núcleos. E continúan as evacuacións. Polo momento, arderon dez construcións. Os últimos núcleos evacuados son seis, catro pertencen ao concello de Quiroga e dous ao de Folgoso do Courel.

En Folgoso do Courel continúa activo outro incendio que afecta a parroquia de Seceda. As lapas xa queimaron 1.100 hectáreas.

Dos outros dous incendios que había activos na provincia, o de Cervantes está estabilizado e o de Palas de Rei controlado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade