O Imserso mantén as viaxes a 50 uros e con mascota para a tempada 2026-2027
O prazo para reservar camezará o 14 de setembro e ofértanse 879.213 prazas
Imserso
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) abrirá o 14 de setembro o prazo para reservar as viaxes da tempada 2026-2027, en que se manterán as prazas a 50 euros para pensionistas con menos recursos e a posibilidade de viaxar con animais de compañía.
O organismo xa comezou a enviar as cartas ás máis de 4,6 millóns de persoas acreditadas para participar no progorama. En total, reservanse 7.447 prazas a 50 euros para persoas que reciban unha prestación igual ou inferior ao importe das pensións non contributivas de incapacidade ou xubilación da Seguridade Social.
O programa contará esta tempada con 879.213 prazas. Delas, 440,284 corresponden a destinos peninsulares, 228.142 a destinos insulares e 210.787 a viaxes de escapada. que inclúen circuítos culturais, turismo de natureza, capitais de provincia e viaxes a Ceuta, Melilla e destinos europeos.
En Galicia, así como en Andalucía, Aragón, Castela e León, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra e A Rioxa, a comercialización comezará o 14 de setembro para as persoas usuarias preferentes e o día 15 para as non preferentes. No resto de comunidades e en Ceuta comezarán un día máistarde.
Ademais, o Imserso distribuiu o 36 % das prazas de cada lote ao longo dos distintos meses da campaña, co obxectivo de evitar a concentración das viaxes nas datas de maior demanda e favorecer a desestacionalización.