Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ibex 35 cae un 5,49 % e sitúase por debaixo dos 7.300 puntos

O Ibex 35 cae un 5,49 % e sitúase por debaixo dos 7.300 puntos

O selectivo madrileño amencía cunha caída do 3,68 %

O petróleo de calidade Brent, de referencia para Europa, chegou a situarse este luns ao bordo dos 140 dólares

G24.gal 07/03/2022 10:10

O Ibex 35 cae un 5,49 % pasados uns minutos da apertura, o que levaba ao selectivo a situarse nos 7.296 enteiros ás 9:50 horas, nun contexto que segue marcado polo agravamento da guerra entre Rusia e Ucraína.

O petróleo de calidade Brent, de referencia para Europa, chegou a situarse este luns ao bordo dos 140 dólares  tras dispararse case un 20 % ao comezo da sesión ante o temor de que Estados Unidos poida impoñer restricións á venda de cru ruso. No caso do West Texas Intermediate, o prezo do barril chegaba a alcanzar os 130,5 dólares

O selectivo madrileño amencía cunha caída do 3,68 %, pero minutos despois este descenso ampliábase a máis do 5% nun escenario marcado polo temor despois de intensificarse os ataques rusos.

As maiores caídas no parqué madrileño eran para IAG (-10,19%), Sabadell (-9,52%), Bankinter (-8,53 %), Meliá Hotels International (-8,06%), Inditex (-7,88%) e Santander (-7,41%), mentres que no lado contrario situábanse Solaria (+3,64%) e Siemens Gamesa (+2,3%).

As bolsas de Frankfurt e París anotaban caídas próximas tamén ao 5 % e Londres de preto do 3 %, despois de que o Dow Jones de Wall Street  deixara un 0,53 %

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade