Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CHUAC estuda se o antiviral de Pfizer pode evitar contaxios

O CHUAC estuda se o antiviral de Pfizer pode evitar contaxios

Foron os primeiros en España en probar este uso e o resultado preliminar é satisfactorio

O paciente fora contacto directo dun positivo e non desenvolveu a infección despois de tomar o tratamento

 

G24.gal 24/01/2022 14:53

Paxlovid, o antiviral de Pfizer, xa demostrou que pode chegar a reducir ata o 90% o risco de hospitalización e morte por COVID. O que investigan agora no CHUAC é se este fármaco podería chegar a evitar que se produciran os contaxios.

"É un tratamento preventivo, doullo a un contacto estreito dun positivo confirmado e intento demostrar que non desenvolve a infección", explica Enrique Míguez, responsable da Unidade de enfermidades infecciosas do CHUAC.

Foran os primeiros en España en achegar un paciente para este estudo, que se desenvolve a escala mundial. Trátase dunha persoa non vacinada que tivera un contacto moi estreito cun infectado.

Dez días despois de tomar a pastilla, segue dando negativo. "Ponlle paus nas rodas ao virus, o que fai é impedir que se reproduza", engade o doctor Míguez.

Consideran precipitado sacar conclusións porque se trata dun estudo cego en que algúns pacientes reciben placebo. Pero de confirmarse a súa eficacia, estariamos, din, ante unha arma moi potente para frear as cadeas de transmisión do virus.

Míguez destaca que " é un complemento moi importante porque introduce unha ferramenta terapéutica que non tiñamos ata o momento"

Un complemento que lle pon as cousas moi difíciles ao virus nas primeiras fases da infección pero que, en ningún caso, estaría pensado para substituír as vacinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos