Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hospital da Coruña proba un antiviral para evitar o contaxio da covid

O hospital da Coruña proba un antiviral para evitar o contaxio da covid

O CHUAC inclúe no ensaio co fármaco de Pfizer o primeiro paciente en España, contacto estreito dun positivo

G24.gal 22/01/2022 11:47

O hospital universitario da Coruña incluíu o primeiro paciente español, contacto estreito dun positivo, nun ensaio que estuda se o antiviral de Pfizer pode evitar o contaxio da covid-19. 

Ata o momento, o fármaco demostrou que pode reducir ata nun 90 % o risco de hospitalización e de morte en persoas contaxiadas sen vacinar. Agora trátase de demostrar a súa eficacia para previr e evitar un posible contaxio. O paciente completou o tratamento de dez días cunha tolerancia boa e sen efectos adversos.

O equipo da unidade de enfermidades infecciosas do CHUAC agarda seguir sumando máis casos para completar o ensaio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade