Publicador de contidos

Publicador de contidos

O homicida de Velle enfróntase a petición de prisión permanente revisable

O homicida de Velle enfróntase a petición de prisión permanente revisable

É a primeira vez que se solicita esta pena en Ourense

A Fiscalía solicita para el 17 anos por asasinato e outros 7 por tentativa

G24.gal 02/06/2023 12:34

O presunto autor do crime de Velle, en que morreu de xeito violento unha moza e a súa parella quedou ferida moi grave, enfrontarase a unha petición de prisión permanente revisable.

O detido, que está ingresado no cárcere do Pereiro de Aguiar, en enfermería, será xulgado por un tribunal popular.

A Fiscalía solicita para el 17 anos por asasinato e outros 7 por tentativa, mentres que as acusacións particulares elevan esta petición á de prisión permanente revisable.

O acusado, curmán da moza, vivía ao seu carón. De madrugada comezou a golpear a súa porta. Cando lle abriron, atacouna a ela e á súa parella cun coitelo.

Ela faleceu no acto, a el deulle tempo de pedir axuda. O detido estaba diagnosticado de esquizofrenia. A súa defensa pide a libre absolución para el, alegando alteración psíquica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade