Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Guardés quere dar un paso máis na Copa

O Guardés quere dar un paso máis na Copa

Décima participación na fase final da Copa da Raiña

A edición pasada caeu eliminado na final

O venres ás 13 h pola G2

19/04/2023 13:14 Última actualización 19/04/2023 13:32

O ano pasado o Guardés pasou a euforia por clasificarse para a final da Copa por primeira vez na súa historia ás bágoas por quedarse ás portas do título.

Patricia Lima: "Para o club é unha competición moi máxica, o pobo está ilusionado, máis por chegar á final o ano pasado. Temos unha espiña por quitar e oxalá sexa tan ilusionante como o ano pasado".

Esta é a décima participación do Guardés na fase final da Copa da Raíña. Dez de once. Este ano estréase o venres, fronte o Xixón, retransmitido en directo pola G2.

Patricia Lima: "Chéganos nun momento no que estamos moi ben, psicoloxicamente estamos moi positivas, levamos un par de partidos moi bos e a ver se podemos chegar a esas semis que tanto queremos".

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar