Os populares de Lugo acusan o Concello de impedir un acto reivindicando a apertura do novo auditorio
Os populares de Lugo acusan o Concello de impedir un acto reivindicando a apertura do novo auditorio
As obras do novo auditorio finalizaron hai seis anos e continúa sen inaugurarase
O grupo popular no concello organizou para esta tarde unha inauguración simbólica de protesta no aberto do auditorio
Non poden acceder á zona porque o Concello arranxou o valado da obra que levaba meses roto
Hai xa seis anos que remataron as obras do novo auditorio de Lugo, que segue sen funcionar. O grupo popular no concello organizou para esta tarde unha inauguración simbólica de protesta na explanada do auditorio.
Tíñano todo organizado, pero non o van poder facer. Un grupo de operarios municipais arranxou o valado da obra que levaba meses roto, así que non poden acceder á zona. O Concello di que se fixo por seguridade pero o PP dí que é por boicotearlles o acto.
Un investimento de 25 millóns de euros, finalizado hai seis anos que continúa sen uso.
Discrepancias entre a Xunta e o Goberno Local dilataron catro anos a recepción por parte do Concello.
Hoxe fai dous anos da entrega. O grupo municipal popular convidou a cidadanía a participar esta tarde nunha inauguración simbólica, pero atopáronse con que onte á tarde se reparou o valado que pecha o recinto, que levaba meses roto. Din que para boicotear o acto reivindicativo.
Antonio Ameijide, vicevoceiro municipal do grupo popular no concello de Lugo di que lles parece que o nerviosismo e a prepotencia na que está instalada Lara Méndez está levando por mal camiño ao concello e só pedimos algo tan simple como que os lucenses poidamos gozar do noso auditorio.
O Concello, que di que continúa pechado porque o recepcionou en pésimas condicións.
Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo di que é unha irresponsabilidade por parte do PP incitar á cidadanía a entrar nun recinto que está pechado por temas de seguridade.
Os populares din que a culpa é de que o concello tivo dous anos abandonado o edificio.
O PP mantén a convocatoria para a inauguración 'máxica' do auditorio esta tarde, aínda que se faga na rúa.