Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Granada frea as aspiracións do Deportivo (0-2)

O Granada frea as aspiracións do Deportivo (0-2)

Arnáiz e Pascual marcaron para os andaluces

O Dépor acumulou posesión, pero faltaron ideas

Riazor despediu o equipo con apupos

G24.gal 08/03/2026 21:50 Última actualización 08/03/2026 23:21

O Granada sorprendeu no arranque. Ambicioso, agresivo. Para eles foron as primeiras ocasións e o dominio nos dez primeiros minutos. O Deportivo tardou pero, aos poucos, parecía irlle collendo o xeito o partido. Camiño do cuarto de hora, Zaka deu os primeiro aviso.

Pero o Granada seguía o seu. Cun plan de partido definido; sólido atrás e con saía eléctrica, vertical.  E rápido encontrou premio; no minuto 19, nunha contra que acabou con centro de Sergio Ruíz e gol de José Arnáiz. Co gol encaixado, o Dépor quixo o balón pero, nesta primeira parte, sentiuse torpe con el, incapaz de incomodar. 

O segundo tempo comezou igual. Mesmo guión. E a inquedanza que medraba na bancada. O Deportivo cústaballe xerar perigo e o Granada, ben pechado, aguantaba o paso dos minutos sen contratempos. Por iso, cando quedaba media hora, Hidalgo tratou de darlle volta coa entrada de Nsongo e de Luismi. Pero nada. Os minutos seguiron a pasar, igual. O Granada seguiu pechado e os galegos na procura dunha luz, dun punto de inspiración que, sen Yeremay, nunca chegou. O que si aconteceu foi unha contra final andaluza, con rexeite, que lle serviu a Jorge Pascual (minuto 83) para pechar o partido.

Cuarta derrota do Deportivo na casa. Derrota agria. Polo momento; agora que volvía a acariñar os postos de ascenso directo. E pola sensación de falta de recursos.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar