Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios afeccionados do Dépor, feridos pola rotura do valado da bancada

Varios afeccionados do Dépor, feridos pola rotura do valado da bancada

Tres seareiros tiveron que ir ao hospital con traumatismos de certa consideración

G24.gal 27/01/2022 07:27

Minuto 90. Quiles marca o gol do triunfo para o Deportivo e vai celebrar o tanto co público deportivista que se achegara ao Ruta da Prata. Os seareiros véñense contra o valado, que cede, e uns corenta afeccionados caen ao foxo. 

Puido acabar en traxedia, pero, afortunadamente, só houbo un ferido de certa consideración, cunha fractura nunha perna, que tivo que ir ao hospital. Outros dous, con golpes no xeonllo e na clavícula, tamén foron atendidos no hospital da capital zamorana. Así o confirmou o xefe de prensa do Deportivo Gabi Barrós nos micrófonos da Radio Galega. O resto, atendidos polos médicos do equipo coruñés, tiveron contusións leves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade