Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno ve na emenda á Lei de amnistía un xesto para xerar consensos

O Goberno ve na emenda á Lei de amnistía un xesto para xerar consensos

O ministro da Presidencia di que a lei segue vixente e non vai cambiar o réxime penal de 2002

G24.gal 18/11/2021 16:34

O Goberno defende investigar prácticas da ditadura franquista ata o ano 1982. O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, di que hai que crear un comité de expertos que estude as vulneracións de dereitos fundamentais de persoas que intentaron consolidar a democracia.

O Goberno deixa claro que o réxime do 78 non se toca e recoñeceu que a emenda pactada entre o PSOE e Unidas Podemos para derrogar algúns aspectos da Lei de amnistía co fin de evitar a "impunidade" dos crimes de lesa humanidade do franquismo, é un xesto para poder xerar consensos.

Bolaños asegurou que a emenda non cambiará o réxime penal do 2002 e que a Lei de amnistía continúa vixente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos