Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno solicítalle ao Tribunal do Deporte que suspenda cautelarmente a Rubiales por danar a imaxe de España

O Goberno solicítalle ao Tribunal do Deporte que suspenda cautelarmente a Rubiales por danar a imaxe de España

A petición razoada do CSD ao TAD argumenta que estaría en risco a candidatura do Mundial 2030 e o crecemento económico do país pola repercusión nacional e internacional do caso

Adopta a decisión despois de que Tribunal do Deporte iniciara o procedemento sancionador contra Rubiales pola suposta comisión de dúas infracións graves

Rubiales coas camipoas do Mundo de Fútbol na Moncloa o 22 de agosto Rubiales coas camipoas do Mundo de Fútbol na Moncloa o 22 de agosto
G24.gal 02/09/2023 18:52 Última actualización 03/09/2023 12:00

O Consello Superior de Deportes (CSD) insta o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) a suspender provisionalmente a Luis Rubiales, despois de que este órgano, independente do CSD nas súas actuacións, iniciara este venres o procedemento sancionador contra o dirixente pola presunta comisión de dúas infraccións graves.

O Consello Superior de Deportes, que o venres pasado elevou a súa petición razoada ao Tribunal Administrativo do Deporte xunto coas denuncias recibidas, insta agora o TAD a suspender provisionalmente a Luis Rubiales.

A lei de procedemento administrativo e o regulamento de disciplina deportiva permítenlle ao Tribunal Administrativo do Deporte adoptar esta medida.

Adicionalmente, o Consello Superior de Deportes estuda a posibilidade de recorrer pola vía contencioso-administrativa contra a decisión que o Tribunal Administrativo do Deporte lle comunicou este venres.

Os membros do Tribunal Administrativo do Deporte que, contra o criterio do CSD, acordaron cualificar só como falta grave o bico non consentido de Rubiales á xogadora Jennifer Hermoso durante a celebración do mundial feminino de fútbol están agora nunha situación comprometida.

Actuación do CSD

Tras facerse pública a resolución do TAD, na que o presidente, Miguel Pajuelo, emitiu un voto particular por estar en contra da mesma, e a catalogación dos feitos como falta grave, o CSD xa instou este venres o tribunal para proceder á suspensión cautelar de Rubiales.

A petición razoada que envía o Goberno como resposta ao tribunal deportivo para que actúe de oficio e suspenda de xeito cautelar a Rubiales baséase no dano causado á imaxe de España e do seu deporte tanto nacional coma internacionalmente.

O CSD xa non pode suspender o presidente da Federación, si o fixo a FIFA por 90 días, porque só era posible se o bico era considerado unha falta moi grave.

Correspóndelles agora aos membros do TAD de xeito exclusivo decidir se os actos de Rubiales e os que poida cometer nun futuro prexudican a reputación de España.

A petición razoada do CSD para que o TAD suspenda de maneira provisional a Rubiales expón que na introdución do texto da nova Lei do deporte faise referencia á representación dos seus dirixentes como un asunto de interese público pola proxección de España non só no ámbito do deporte, senón tamén no económico, polo que resulta afectado o crecemento do país.

O goberno di que as actuacións de Rubiales non se limitaron aos actos citados con anterioridade, conforme o seu escrito, senón que con posterioridade seguiu derramando a imaxe de España e pode continuar a facelo.

Apunta a distintas decisións da Federación como o envío da carta do seu secretario xeral á UEFA para que chegase á FIFA, e que puxo en risco a participación dos equipos españois e da selección nas competicións internacionais.

Malia que o novo presidente ordenou retirar a carta ameazante, o documento do CSD fai fincapé en que Rubiales pode prexudicar a candidatura a organizar o Mundial 2030, un evento que queren conxuntamente España, Portugal e Marrocos.

O ditame dos membros do TAD vai ser de seguro analizado non só en España.

O voto particular do presidente do Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), Francisco de Miguel Pajuelo, indica que si houbo abuso de autoridade no bico do presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, á xogadora Jenni Hermoso.

Pajuelo é o único que presentou un voto particular en contra da decisión do TAD, xa que estima que o organismo debería abrir expediente disciplinario a Luis Rubiales por infraccións moi graves por actos notorios e públicos que atentan contra a dignidade e o decoro deportivo, así como por abuso de autoridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar