Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno quere adiantar a 2030 a liña de alta velocidade entre Vigo e O Porto

O Goberno quere adiantar a 2030 a liña de alta velocidade entre Vigo e O Porto

A ministra de Transporte di que a parte que corresponde a España está moi avanzada e que é Portugal quen ten que apurar os seus traballos

G24.gal 17/10/2022 14:38

O proxecto do AVE que unirá as cidades de Vigo e O Porto avanza na parte portuguesa con prazos e presupostos xa comprometidos. É unha prioridade para Portugal que comparten os empresarios. "Eles van chegar ata o Sá Carneiro, iso está garantido. E o que pase de aí para arriba dependerá do que faga España", asegura Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

En España, di o Goberno, o proxecto está máis avanzado e o compromiso é o de adiantar o máis posible a data de posta en servizo desta infraestrutura. "Son os nosos veciños portugueses os que teñen que avanzar nestes traballos. Aquí está moi avanzado e se podemos adiantar ese escenario ao 2030, mellor", di a ministra Raquel Sánchez.

Tamén está adiantado o proxecto do novo viaduto da A-6 que permitirá restablecer a circulación tras a caída desta infraestrutura o pasado mes de xuño. "Imos presentalo en breve. Imos convocar a comisión coa Xunta de Galicia e coa Junta de Castela e León para poder presentar o avance dese estudo", afirma a titular de Transporte.

Raquel Sánchez mantivo un encontro na Coruña con empresarios e asociacións de veciños da cidade. Sobre as queixas dos usuarios pola reserva dos abonos gratuítos de Renfe, a ministra di que teñen carácter residual e que xa se puxeron en marcha os mecanismos necesarios para mellorar o sistema. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos