Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno propón manter as prestacións en novos ERTE de forza maior

O Goberno propón manter as prestacións en novos ERTE de forza maior

As axencias de viaxe contarán cun ERTE específico para o sector

G24.gal 17/02/2022 17:59

O Goberno expuxo que, a partir do 28 de febreiro, se active o novo esquema de expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) previsto na reforma laboral, pero mantendo o mesmo nivel de prestacións nos de forza maior e aprobando un ERTE sectorial específico para as axencias de viaxes.

Segundo sinalan fontes de CCOO, o Goberno trasladou aos axentes sociais que non ten intención de continuar o actual esquema extraordinario de ERTE, implantado a casua da pandemia de covid-19 e que caduca o 28 de febreiro, senón pasar xa á o modelo pactado na reforma laboral, en vigor desde o 30 de decembro.

Con todo, explica CCOO, o Executivo garantiu o mantemento do nivel de prestacións nos ERTE de forza maior que se manteñan e a activación dun mecanismo REDE sectorial para axencias de viaxes, onde seguen en ERTE 11.000 traballadores, o 28,9 % do total de empregados dese sector.

Nun comunicado, o Ministerio de Traballo sinalou que na reunión desta mañá debateuse como facer o tránsito "máis adecuado e sinxelo" dos ERTE vixentes aos novos modelos introducidos na reforma laboral.

O obxectivo, subliñan, é garantir "a maior protección a traballadores que aínda permanecen en ERTE e ás empresas afectadas".

O Goberno, engade, "garante que esta ferramenta, que demostrou a súa utilidade, permanecerá grazas á aprobación da nova reforma" e lembra que máis de 3,6 millóns de postos de traballo e máis de 500.000 empresas chegaron a estar acollidos aos ERTE na pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade