Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno presenta a súa propia denuncia contra Rubiales para tentar apartalo de inmediato

O Goberno presenta a súa propia denuncia contra Rubiales para tentar apartalo de inmediato

O presidente do Consello Superior de Deportes solicita unha reunión urxente do Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) para o vindeiro luns

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 25/08/2023 17:38 Última actualización 25/08/2023 17:43

O Consello Superior de Deportes (CSD) moveu ficha tras a decisión de Luís Rubiales de manterse á fronte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). En rolda de prensa, o secretario de Estado para o Deporte, Víctor Francos, confirmou que o Consello Superior de Deportes (CSD) presentará a súa propia denuncia contra Rubiales ante o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) ao considerar que cometeu unha falta “moi grave” pola súa conduta tras o triunfo da selección española feminina no mundial de Australia, cando bicou na boca á xogadora Jennifer Hermoso contra a súa vontade.

Se o TAD considera que Rubiales vulnerou algún punto da Lei do deporte e lle abre expediente por unha presunta infracción cualificada como moi grave, o CSD pode proceder á súa suspensión cautelar de forma motivada, segundo recolle o artigo 62 desa norma.

Desta forma, poderíano apartar do seu posto de forma temporal mentres o tribunal deportivo avanza no hipotético procedemento. Esa opción, con todo, só está sobre a mesa se o TAD ve elementos para abrirlle expediente pola infracción máis dura. En caso de que o TAD rexeitase abrir expediente a Rubiales ou o fixese por presuntas infraccións cualificadas como “graves” ou “leves”, pecharíase a vía para unha suspensión cautelar por parte do CSD.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade