O Goberno manterá o imposto á banca, pero ábrese a melloralo
O BCE di que o imposto á banca danaria a solvencia e pide cargalo ao clientes
A ministra de Economía di que as entidades españolas teñen marxe dabondo para pagalo
Mentres no Congreso o impostos a banca seguía o seu camiño por ampla maioría, o Banco Central facía oficial nun informe que non o ve claro.
O supervisor bancario di que danaría a solvencia da banca e frearía o crédito. E anima as entidades a cargalo ao cliente, malia que a lei o prohibirá. A ministra de Economía di que os bancos teñen marxe dabondo para pagalo sen necesidade de repercutilo aos clientes.
A pregunta agora é: que vai facer o executivo? Non vai dar marcha atrás, pero si se abre a mellorar o deseño.
Mentres, o PP advirte de que se o imposto segue adiante podería ter serias consecuencias na economía. Pono como exemplo dun goberno desnortado.
O imposto á banca ten un carácter temporal. A idea é aplicalo durante dous anos coa idea de recadar 3.000 millóns de euros, pero Facenda non descartou que se converta en algo permanente.