Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno manterá a rebaixa do IVE dos alimentos ata que haxa prezos "axeitados"

O Goberno manterá a rebaixa do IVE dos alimentos ata que haxa prezos "axeitados"

Anunciouno en Nova York a vicepresidenta primeira, Nadia Calviño

G24.gal 09/06/2023 17:34

A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, asegurou este venres en Nova York que o Executivo pensa manter a rebaixa do IVE no prezo dos alimentos máis aló do 30 de xuño.

A vicepresidenta, que viaxou a Nova York para recibir un premio da Foreign Policy Association, sinalou que a prioridade do Goberno segue sendo a moderación da inflación e congratulouse de que os prezos da enerxía, por exemplo, recuperasen os niveis anteriores á pandemia.

Pero con respecto á baixada do IVE dos alimentos (entre o 0 e o 4 % desde xaneiro deste ano), sostivo que "se manterá en tanto non teñamos un nivel de prezos adecuado neste ámbito, dada a influencia destes prezos nos petos das familias".

Con respecto ao premio recibido este xoves, Calviño considerouno un recoñecemento "ao papel importante e crecente do noso país na política europea e internacional", así como ao "prestixio e respecto que se ten por España e o seu Goberno", algo que, segundo ela, constatou recentemente nas súas reunións con investidores.

"A política económica (do Goberno) funciona e está a permitir á nosa economía ter marcas históricas de crecemento, de baixada de inflación e de creación de emprego que contrasta co resto das economías europeas e demostra a fortaleza e resiliencia da nosa economía", subliñou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar