Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno destina 19 millóns para mellorar máis de 200 quilómetros de estradas en Ourense

O Goberno destina 19 millóns para mellorar máis de 200 quilómetros de estradas en Ourense

As actuacións serán en varios tramos das vías N-120, N-120A, N-525, N-536, N-540, N-541, N-542 e N-544

G24.gal 07/05/2024 16:41 Última actualización 07/05/2024 16:54

O Goberno central licita por 19,4 millóns de euros contratos de conservación e explotación en 214 quilómetros da rede de estradas do Estado na provincia de Ourense.

En concreto, actuarase en varios tramos das estradas N-120, N-120A, N-525, N-536, N-540, N-541, N-542 e N-544. Tamén será obxecto do contrato a corrección e mantemento de elementos identificados en inspeccións principais de seguridade viaria.

En total, o Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, autorizou licitar por 110 millóns de euros catro contratos de conservación e explotación da rede estradas do Estado nas provincias de Xaén, Ávila e Cantabria, ademais de en Ourense e que inclúen requisitos para promover a eficiencia enerxética e a redución de emisións en 785 quilómetros de estradas, dos que 205 quilómetros son de autovía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade