Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno de Asturias investigará "con contundencia" a morte da moza acosada

O Goberno de Asturias investigará "con contundencia" a morte da moza acosada

O centro educativo no que estudara difundiu un comunicado no que expresa o seu compromiso na "loita contra o acoso escolar"

G24.gal 30/04/2023 20:41 Última actualización 30/04/2023 20:53

A cidade de Xixón e a comunidade educativa viven con consternación o suicidio da moza de 20 anos, exalumna do colexio La Asunción, que fixera pública a través de redes sociais que fora vítima de acoso escolar. 

A Policía Nacional continúa a investigar este caso e o presidente de Asturias, Adrián Barbón, anunciaba este domingo que o Goberno do Principado vai abrir unha investigación con "toda a contundencia", dixo, para esclarecer o que aconteceu. 

"Nós desde o Goberno de Asturias imos abrir a investigación pertinente, imos descubrir cos datos que temos que sucedeu e encargar á inspección educativa que determine que aconteceu. Desde logo hai que reforzar os protocolos", dixo.

O corpo foi rescatado no cerro de Santa Catalina de Xixón por bombeiros e efectivos de Salvamento. Aparecía un día despois de que a familia denunciara a súa desaparición. 

O centro educativo no que estudara a moza difundía un comunicado no que expresaba o seu compromiso na "loita contra o acoso escolar" e poñíase a disposición das autoridades e da familia para colaborar na investigación.

"Se a barreira dos centros educativos non serve porque non visualizan, porque non son capaces de localizar o acoso ou porque nalgúns casos non o queren localizar, temos que habilitar outros medios, a través doutras fontes, doutros recursos que permitan actuar", engade.

Os restos mortais da moza foron incinerados este domingo e o luns terá lugar o funeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade